
Strado é un mapa interactivo que nos ofrece información de servizos e actividades de ocio preto de unha ubicación. Parécenme uns datos fundamentais á hora de atopar un novo fogar e para valorar (na medida do posible) o que temos.
Esta ferramenta tan útil ofrece moreas de filtros que presentan a información con hexágonos de cores segundo o nivel de cercanía. Outra gran aportación que sería imposible sen datos abertos como os que lle proporciona OpenStreetMap.
