Ímonos xuntas (vámonos juntas, en español) é unha proposta de mudanza colectiva a gran escala dende as redes privativas tóxicas cara ó fediverso cunha data clave: o luns 20 de xaneiro (cando Trump toma posesión).
Isto non significa que todos pechemos simultáneamente as nosas contas ese día en concreto, senón que a intención é que o movemento vaia collendo tracción en pequenas asociacións, activistas e usuarias fartas do abuso de poder, tolerencia coa toxicidade e algoritmos que a favorecen en redes sociais como Twitter, Facebook ou Instagram.
Primeiros pasos
É moi recomendable comezar na sección de axuda onde temos unha serie de recursos básicos para aquelas que desexen adentrarse no fediverso por primeira vez:
O primeiro de todo pasa por elixir unha instancia acorde cos nosos principios (persoalmente recomendo masto.es ou mastodon.gal) e presentarnos ante os demáis coa etiqueta (hashtag) #presentación.
O seguinte paso será comezar a seguir xente. Por exemplo, a conta de Ímonos xuntas ou o listado de colectivos españois no fediverso poden ser un bo punto de partida. Tamén é unha gran idea adentrarse na liña de tempo local (publicacións das usuarias da nosa instancia) para seguir contas que poidan ser do noso interese. Todo este proceso é fundamental pois, a diferencia das redes privativas, no fediverso non intentan vendernos os usuarios máis populares segundo un algoritmo escuro para converternos en consumidores adictos.
A partir de aquí, todo debería fluir: seguir a xente nova que é impulsada («retuiteada») polos teus coñecidos, aprender sobre a configuración básica ou a netiqueta da rede e, sobre todo, comezar o proceso polo que esquenceremos gran parte da toxicidade e deshumanización vixentes nas outras redes.
Como noutras redes contamos con moitas opcións se queremos acceder dende o móbil: a versión web é totalmente funcional, pero a app móbil ten máis sentido se imos facer un uso habitual de Mastodon. Ou podemos optar por outras alternativas entre as que recomendo Phanpy por ser unha webapp adaptable tanto a móbil coma ordenador.
O fediverso vai máis alá de Mastodon
Compre sinalar que o fediverso vai moito máis alá de Mastodon, pois é unha rede de redes interconectadas. Temos alternativas a:
- Instagram: Pixelfed, con Luzeed e Pixelfed.es como mellores opcións hispanas
- YouTube e Twitch: PeerTube, coas alternativas locais de Veedeo ou Fediverse.tv
- Facebook: Friendica
- TikTok: Loops acaba de nacer e se trata dunha proposta do creador de Pixelfed
- Tumblr: Wafrn
- Reddit: Lemmy
O mellor é que dende a túa conta de Mastodon podes seguir a xente de Pixelfed ou PeerTube e viceversa.
Anímaste a acompañarme?
Eu xa levo algo máis de un par de anos desintoxicándome do meu FOMO (medo a non estar ao tanto de todo o que acontece no meu alrededor) tanto en Mastodon coma en Pixelfed (ademáis de unha pequena incursión en PeerTube grazas ao recente evento do Tetris) e estou realmente contento coa actitude máis san dos veciños virtuais. É unha auténtica volta á Internet máis humilde e amistosa na que non hai tantos egos en xogo.
Persoalmente aproveitei a campaña para eliminar as miñas contas de Facebook e Threads tras atoparme coa nova deriva de Meta e a súa LGTBIfobia. Ademáis tamén comecei o proceso de traspaso definitivo das miñas fotos de Instagram cara Pixelfeed coa intención de, polo menos, deixar a primeira totalmente baleira de contido.
Asi que xa sabes, anímate e ímonos xuntas ao fediverso!
Este contenido se publicó originalmente en El Cuaderno, el blog donde divago en profundidad sobre toda clase de temas