Coma din na súa presentación, Xogalego é un catálogo de xogos traducidos ao galego moi necesario debido á ratio de información falsa recollida en tendas de xogos coma Steam ou Itch.io. Ademais non se conforman con ofrecer unha listaxe básica senón que en cada xogo temos información coma a súa páxina web, redes sociais, unha breve descrición e mesmo imaxes.
Dende aquí quero desexarlle unha curta vida a este proxecto (agarda, aínda non rematei a frase) coma resultado dun cambio radical no que as tendas e produtores de videoxogos comecen a tomarse en serio este tipo de información. Mentres tanto, paréceme unha marabillosa idea.
Seguir leyendo






